Arquivo da categoría: GRÁFICA

CATRO CINEGRAMAS CONCEPTUAIS Claudio Rodríguez Fer

(Deriva libertaria anticolonial)

ANTROPOLOXÍA DOCUMENTAL

Claudio Rodríguez Fer, ANTROPOLOXÍA DOCUMENTAL

O norteamericano Robert J. Flaherty iniciou o cine documental, mediante a convivencia por inmersión, retratando ao pobo inuit en Nanook of the North (1922) e ao samoano en Moana (1926); máis tarde colaborou con F. W. Murnau na conflitiva produción de Tabu (1931), docuficción rodada na Polinesia.

ALPHAVILLE OMEGA

Claudio Rodríguez Fer, ALPHAVILLE OMEGA

Alphaville, une étrange aventure de Lemmy Caution (1965), de Jean-Luc Godard, é un thriller de ciencia ficción cheo de conexións literarias (La Fontaine, Baudelaire, Orwell, Eluard, Céline, Borges), intertextualidades cinematográficas (Cocteau, Lang, Murnau, Marker) e referencias filosóficas ou científicas (Pascal, Nietzsche, Bergson, Einstein).

INVASIÓN REXISTRADA

Claudio Rodríguez Fer, INVASIÓN REXISTRADA

Invasión (1969), do arxentino Hugo Santiago Muchnick, quen contou no guión con Jorge Luis Borges e Adolfo Bioy Casares, converte Bos Aires en Aquilea, unha cidade ocupada dun xeito misteriosamente inexorable malia a resistencia kafkiana dun pequeno sector de activistas.

QUEIMADA LIBRE

Claudio Rodríguez Fer, QUEIMADA LIBRE

O cine político do italiano Gillo Pontecorvo centrouse a miúdo nas loitas anticoloniais, como ocorre en Queimada (1969), rebelión dunha illa caribeña contra o imperialismo portugués teledirixida polo neocolonialismo británico.

TABLERO DE DON MATEO DE LEMONTE (FRAGMENTO C) Barbaro Mahony

http://barbaromahony.blogspot.com.es
http://www.pinterest.com/barbaromahony
http://barbaromahony.tumblr.com

TABLERO DE DON MATEO DE LEMONTE (FRAGMENTO C), Barbaro Mahony
Piezas grabadas en papel y compuestas sobre un lienzo al que van adheridas, que permite el plegado del tablero. Ensalada iconográfica sobre la que se desarrollaba el juego para “esparcimiento de navegantes en la travesía desde los Imperios de la Luna hacia más allá de los del Sol” (Tractatus de navigatione siderea. – [s.l.: s.n., c. 1540]. – f. CXXVII v.). El nombre por el que se conoce el tablero aparece manuscrito en un margen y se supone de un propietario del ejemplar.

AUTOPOIESIS INTEGRAL Roi Ferreiro

Autopoiesis Integral
Na procura da «poesia do futuro» — Neo-romanticismo, anti-capitalismo, psicologia transpersonal, ciberpunk, thrash, D.I.Y. e muito ferro candente…
http://roiferreiro.blogspot.com.es

MENINOS DA NOITE TRAS A PORTA

MENINOS DA NOITE TRAS A PORTA. ROI FERREIRO

CANTO A MIM MESMO, MENTRES…

escrevo apoiado numha mesa de soidade,
fazendo da minha prisom umha ocasiom de autolibertaçom
com lóstregos. Berros fundem ruído e silêncio
conto que vivo nas minhas encruzilhadas
atravesando-as mentres interminavelmente se refam
em lugar de alimentar os rios delirantes que vam cheos de bágoas
olho-me umha e outra vez no espelho da infáncia, nunca esquecida
já que tudo o que me rodea o sinto insignificante e elusivo
ainda se me fala coas cores da beleza e com vontade de luitar
vam versos livres, mentres vou e veño desde o meu adentro,
em continua pugna cos conceitos do mundo, do eu, da arte
tentando umha poesia que comprehenda a existência humana concreta
as hervas do amor e do saber crescem espessas,
ao contrário da ignoráncia crassa que se arrastra polos sonhos,
ora o océano levanta as ondas que enchem a liberdade
a fame comezou dentro de min e será a minha fim
porque nom é umha fame coa que podam acabar êxitos, prémios, laureados
que oferta umha sociedade transtornada, a vida de mercado
mas comemoro sempre os dous peixes do fevreiro
que sempre preludiam as primaveras e as luitas do por-vir
sabendo que finalmente chegarám o seco e o gelo
somos um mundo de tumbas entre a herva e assi finaremos
amor, gozos, nuves húmidas e a escuridade ficarám atrás
a danza, a música, estalidos e susurros já nom importarám
procuro a alquímia dos opostos, obter um cinzento aguzado em cores
permaneço arraizado no silêncio, mentres deixo à mente lançar-se
contra o sofrer que, próprio ou alheo, desde o coraçom vejo injusto
caminho por umha infinitude extrana, pródiga em multitudes,
eternidade vivinte onde ser supóm perder-se
e para saber hai que morrer
canto para mim mesmo, mentres a tormenta se me achega
e com luz e choiva estala regeneradora
sobre a vívida herva baixo os meus pés

— Escrito a finais de Junho de 2014

MOTIVAÇOM E EMOÇOM (ou por que sabem melhor os poetas mortos)

I
Soidade
suja e gris
etéreo muro sobre mim
vazio
sem sentido
dor que contrae
no lado esquerdo
do meu peito
Lume
no meu pensar
calma que incêndia
o silêncio direito
Força
no corpo
tensando fibras
punhos enfrente
A mirada penetra
a matéria morta
dum mundo infértil
pola corrupçom das mentes
Ódio que se seca
destruindo a esperança
no futuro, no incerto
Só capital, tolo desejo de mais
Essa é a paz do cemitério presente
II
Poesia da morte
— Isso produzides
Bela mercadoria
da agonia que apodrece
até dar novo brilho
à miséria que cresce
A criaçom
é selvage
e nom um lamento
ou umha crítica
É umha apertura,
o rachamento do presente
Porque só se vive (no agora)
aquilo que se transforma (efectivamente)

— Escrito em Abril de 2011

MAIS Minux

Este é un poemario, por chamarlle dalgunha maneira, que inaugura unha nova etapa do blog que estaba morto, ULTRAGRÁFICO. É unha reconversión industrial que lle dará como todas unha nova morte non se sabe se doce ou salgada.
Inaugura MAIS  esta nova etapa de- construción/in/out/reconstrución... Ao pior quédase así estancado como quedou dende hai case anos con estes poemiñas ou ao millor hai xente que se anima a participar ou algo e asín expoplanetarium.net abrirá este oco para que outras mentes e desmentes podan aportar ou deportar os seus grans de pólvora e flores secas. Facemos chamamento para que enviedes o que vós prace (textos, imaxes, vídeos, insultos ou o que miredes) a planetarium@expoplanetarium.net
Xa sabemos que todo isto está moi pasado de moda pero como dicía Manuel Fraga pois pasando de modas... Este blog queda a vosa disposición. Iso si temos un poderoso filtro de amor que decidirá quen si ou quen non se visibiliza neste glorioso e histórico espazo que no seu día foi lugar para vídeos desternillantes do tuvo.
E falando de MAIS este primeiro artefacto en ULTRAGRÁFICO de minux contar que foi escrito no tempo que durou a reproducción dunha cinta de cassette con título de "ZINTA DE TEMPOS DE CRISE" de noventa minutos de variedade musical gravada máis de dez anos atrás en intres realmente alterados de conciencia. Serviu así de inspiración para escribir esta pequena obra, entre outros: ELECTROHIPPIES, RATOS DE PORAO, LOS ENEMIGOS, KOJÓN PRIETO Y LOS HUAJALOTES, SONIC YOUTH, THE SONICS, MILLADOIRO, CICATRIZ, SUBTERRANEAN KIDS, ANTÓN REIXA, OBUS, etc etc
Saúde!

VERDE

verde cor da herba
árbores milenarias estenden súas raíces
na terra
miñocas arelan o deserto
sen auga
con sede e cloro.

 

BRASIL

brasil mundial
fútbol global
guerra eterna nas favelas do corazón
represión e morte
turismo – nádegas
mocos e bile
acaparando os sumidoiros
piollo no pelo
pinchar todos os balóns
coiro de merda!

 

PANACEA

panacea
pan de cea
pop
flocos no cine
rañarse as vestiduras
sen xeito
derrochar
estoupidos sen par
nacer nun sitio
defender a rúa
con versos e mamuts.

 

WARHOL IS DEAD

sabedoría popular
warhol is dead
sopas de sobres negros
así artísticos
xa desbotei a cinza
e mergúllome
nas bágoas de risa
procurando osíxeno
para a miña cachola
chea de ruídos de litio.

 

INMEDIATO

inmediato
xa

 

PARABÓLICAS

parabólicas tapan as nubes
e atrapan raios de amor
treboadas con e sen vento
armonizan as orellas
acusadas de alterar
as vibracións acuciantes
de agardar polas confusións
de misturas de augardentes
e chuchameles insertadas
nas flores molladas
en blocos de azucre
ecolóxico o alento
do teu dinosaurio desexo
infectado de delirios.

 

BAILAR

bailar cos ollos pechados
arrecendendo á música
que amplifica os oídos
os pés ondulando as baldosas
que xa están ralladas
das risas dos nosos dentes.

 

ADEMÁIS

ademáis dun atracón
de magdalenas ausentes
e de bágoas petrificadas
bailando ao son da música
tamén soño moitas veces
aínda que sexa mentira
cun atracón naquela caixa
ou neses bancos non de peixes
cargados de cartos
para queimalos nalgunhas igrexas
ou devocións/institucións
de todos os países incluso no meu.

 

OCASO

ai como me doe o cinturón do ocaso
que medo me dá o vaivén
deste tren de vida que pasa e pasa
por estacións nas que ás veces para
e logo me tremen as pernas
pero nunca dou chorado de verdade
só son capaz de botarme baixo a cama
ou laiándome cara a miña irmá
non soporto por veces os treces do calendario
logo xa vou levando os catorces e quinces
a non ser que teña algún esguince.

 

AGORA

agora estou aquí e penso
que os golpes que oio
xa non son propios
senón que están dando
moi forte moi forte
quizais deberíamos devolver
ou trousar polo menos
todas estas infamias e telexornais
infumables, intragables
estou aquí e penso: merda!

 

NON QUERO ROUBAR

non quero roubar
coma ti
só quero andar
lonxe de ti
e voar co vendaval
ata desfacerme no mar
e desfacer o mal de cabeza.

 

IMAXINACIÓN

rápido corro coa miña imaxinación
e flúen fluídos
e corren os narcocorridos
e os narcóticos son aprensivos
de derrotas e pelotas.

 

CANDO ERA NENO

articulos-027cando era neno pensaba
que a primavera era a miña curmá
e dixéronme que ía vir
agora sempre que vén estou
“a tu vera, siempre a la verita tuya…”

 

ESCURIDADE

alí na escuridade palpando as partículas
e vendo resprandores aprendín a bailar
no espazo sideral da alucinación
e a voar na antártida e no
círculo polar ártico da nada.

 

GOLPE A GOLPE

golpe a golpe conto a conto
fun espabilando ata a seguinte morte
da que resucitaba
entre garaxe e garaxe
hai paxes, traxes e vagaxes.

 

UNLLAS

unllas pintadas de cores resprandecentes
guitarras rosas e baterías con brillantina
un grupo de bonecas literalmente
tomadas en sesións fotográficas
simulan

 

SEXO

noites en vela unha vela na noite
unha vela vermella anarcosindicalismo
e comunismo, cousa de borrachos?
straight edge non é cascar ovos
así me movía eu polos escenarios
dun lado ao outro como vampiro
ou bolboreta en lata que non da eta
temo ser agora malinterpretado
case sempre se pensa en sexo…

 

VELOCIDADE

a velocidade das gacelas
a velocidade dos guepardos
a velocidade da conexión a internet
a velocidade do ave
sal de froitas.

 

VENTO MALVA

vento malva
rosa capullo
europa
un fillo teu
glande prepucio
socios listos
neurastenia
de salón
fondo de armario
fascistas no fondo

 

CASTRACIÓN

aquí estou de novo coa miña castración
unha folla de leituga
monifates
e o de sempre tentado
de non caer deitado ao carón
desa mentira xenuína
innecesaria e sentido o óxido
na caixa de tomates pera
que xa chego.

 

MUNDO

perdínme e atopéime
agora procuro non perderme
nunha toupeira
mundo!

 

ESPANTO ABECEDARIO

teño as mans amoradas
con pelos e escamas
cumpro anos cada ano
coma todos e todas
e sáciome cando bebo
ás veces teño apetito
e camiño cun pé diante doutro
digo máis
camiño
deliro e ás veces pinto
o indio e o vaqueiro
leite bebo pero desnatada
senfín nin serafín
anxo da garda non teño
e agardo sentado
polo espanto abecedario.

 

MÚSICA

música introducida en caixiñas
de puros habanos
con arrecendo a marihuana
salta salpicando notas
aos ollos impacientes por
bailar ao son da deusa fortuna.

 

CAMIÑO

camiño pola estación de buses
esquecida estación
con destartalados vehículos longos
onde están señoras con
gaiolas, caixas, bolsas
e entremeses
entre ti e máis eu
hai unha ralla verde
autopista de neón
luz negra
límite e fandango
penso ao carón da bancada
que na máquina expendedora
de refrescos tamén hai auga
trago o cuspe, tremo
sorrío e respiro.

 

AS ESTRELAS

as estrelas pintadas
sobre a cartulina negra
son mentira e verdade á vez
a ela gústalle o viño branco
e as chulas de bacallau
e sorríe e ríe inconmensurable
ata abrir todas as ventás
entra o ar e limpa
a area dos meus dedos
que estaba pegada no meu suor
cheo de virus estupefactos.

“te visitará la muerte” obus
“galicia no país das marabillas” milladoiro

(23/05/14)