GHOSTINHOS DE PINTURA minux

“Las velas se han consumido
pero nuestros dedos siguen ardiendo”
Beatriz Viol

Líquida cera da vela transitoria
o lume non che queima
mais cando apaga a chama
cesa o teu torrente
quedas petrificada
agardando unha nova faísca de luz
para seguir transcorrendo ata a consumición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.