Sobre nós

ULTRAGRÁFICO é unha reconversión industrial que lle dará como todas unha nova morte non se sabe se doce ou salgada a si mesma…
Ao millor hai xente que se anima a participar ou algo e asín expoplanetarium.net abrirá este oco para que outras mentes e desmentes podan aportar ou deportar os seus grans de pólvora e flores secas. Facemos chamamento para que enviedes o que vós prace (textos, imaxes, vídeos, insultos ou o que miredes) a planetarium(a)expoplanetarium.net
Xa sabemos que todo isto está moi pasado de moda pero como dicía Manuel Fraga pois pasando de modas… Este blog queda a vosa disposición. Iso si temos un poderoso filtro de amor que decidirá quen si ou quen non se visibiliza neste glorioso e histórico espazo que no seu día foi lugar para vídeos desternillantes do tuvo.

 

5 reflexións sobre “Sobre nós”

  1. Non entendo nada. Aínda que por un instante deixedes de parecer especiais, poderíades explicarvos para que poidamos comprender todasÇ??. O digo porque interésame participar, mais se isto é un site deses onde o “artista” non é calquera senón un rol especializado paso…
    Ensineille a web a miña veciña Carmen, que pinta unhas paisaxes incríbles da miña aldea con aquarela. Línlle o que puña para ubicala e díxome”Pero que carallo é iso rapás!!!”

    Antimoderno, encantador e exquisito analfabetismo…

    1. De especialización precisamente aquín non hai nada. Especiais si somos bastante coma todas, e se a túa veciña Carmen non lle gusta pois que lle imos facer. Outra cousa que non entendemos é por que ademáis de ti falas en plural… Polo da non comprensión de todas e tal, pola túa veciña Carmen? ou abandeiras algunha comitiva de poucas entendedeiras?
      Penso que todo está bastante clariño. Isto é así e “xogamos” así se non che mola pois hai outros medios menos “modernos” aos que acollerse que son moi masivos e integradores…
      Biquiños!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Blogo máis alá do que imaxinas!