Gústame emborracharme polas mañás, pasar as tardes con resaca e estar sobrio pola noite.
Gústame o cheiro da palla húmida, e do estiércol de vaca, gústame ver voar e ver danzar entre as ramas aos paxaros, gústame ver amencer e o aroma do vapor da muller tras facer o amor.
Gústame ver correr os ríos e as nubes, todas as nubes.
Gústanme as casas humildes, os alpendres, as cuadras e os muros de pedra.
Gústame o pan, as patacas, o aceite, as agullas en lata , os froitos secos e a froita.
Gústanme as tres estrelas do cinto de Orión.
Gústanme os labregos que falan pouco, aman a terra e non minten. Gústanme as mulleres que non enganan.
Gústanme os oficios vellos de cesteiros, alfareiros, latoeiros; e os nenos cando cospen.
Gústanme os mapas e as fotos estelares. Gústanme os rifs de guitarra, os acoples e a distorsión; gústame o son do roncón da gaita.
Gústame andar descalzo e beber da billa. Gústanme as visitas inesperadas e a alegría desorganizada.
E pouco máis…
E non me gusta todo o demais.