MAIS Minux

Este é un poemario, por chamarlle dalgunha maneira, que inaugura unha nova etapa do blog que estaba morto, ULTRAGRÁFICO. É unha reconversión industrial que lle dará como todas unha nova morte non se sabe se doce ou salgada.
Inaugura MAIS  esta nova etapa de- construción/in/out/reconstrución... Ao pior quédase así estancado como quedou dende hai case anos con estes poemiñas ou ao millor hai xente que se anima a participar ou algo e asín expoplanetarium.net abrirá este oco para que outras mentes e desmentes podan aportar ou deportar os seus grans de pólvora e flores secas. Facemos chamamento para que enviedes o que vós prace (textos, imaxes, vídeos, insultos ou o que miredes) a planetarium@expoplanetarium.net
Xa sabemos que todo isto está moi pasado de moda pero como dicía Manuel Fraga pois pasando de modas... Este blog queda a vosa disposición. Iso si temos un poderoso filtro de amor que decidirá quen si ou quen non se visibiliza neste glorioso e histórico espazo que no seu día foi lugar para vídeos desternillantes do tuvo.
E falando de MAIS este primeiro artefacto en ULTRAGRÁFICO de minux contar que foi escrito no tempo que durou a reproducción dunha cinta de cassette con título de "ZINTA DE TEMPOS DE CRISE" de noventa minutos de variedade musical gravada máis de dez anos atrás en intres realmente alterados de conciencia. Serviu así de inspiración para escribir esta pequena obra, entre outros: ELECTROHIPPIES, RATOS DE PORAO, LOS ENEMIGOS, KOJÓN PRIETO Y LOS HUAJALOTES, SONIC YOUTH, THE SONICS, MILLADOIRO, CICATRIZ, SUBTERRANEAN KIDS, ANTÓN REIXA, OBUS, etc etc
Saúde!

VERDE

verde cor da herba
árbores milenarias estenden súas raíces
na terra
miñocas arelan o deserto
sen auga
con sede e cloro.

 

BRASIL

brasil mundial
fútbol global
guerra eterna nas favelas do corazón
represión e morte
turismo – nádegas
mocos e bile
acaparando os sumidoiros
piollo no pelo
pinchar todos os balóns
coiro de merda!

 

PANACEA

panacea
pan de cea
pop
flocos no cine
rañarse as vestiduras
sen xeito
derrochar
estoupidos sen par
nacer nun sitio
defender a rúa
con versos e mamuts.

 

WARHOL IS DEAD

sabedoría popular
warhol is dead
sopas de sobres negros
así artísticos
xa desbotei a cinza
e mergúllome
nas bágoas de risa
procurando osíxeno
para a miña cachola
chea de ruídos de litio.

 

INMEDIATO

inmediato
xa

 

PARABÓLICAS

parabólicas tapan as nubes
e atrapan raios de amor
treboadas con e sen vento
armonizan as orellas
acusadas de alterar
as vibracións acuciantes
de agardar polas confusións
de misturas de augardentes
e chuchameles insertadas
nas flores molladas
en blocos de azucre
ecolóxico o alento
do teu dinosaurio desexo
infectado de delirios.

 

BAILAR

bailar cos ollos pechados
arrecendendo á música
que amplifica os oídos
os pés ondulando as baldosas
que xa están ralladas
das risas dos nosos dentes.

 

ADEMÁIS

ademáis dun atracón
de magdalenas ausentes
e de bágoas petrificadas
bailando ao son da música
tamén soño moitas veces
aínda que sexa mentira
cun atracón naquela caixa
ou neses bancos non de peixes
cargados de cartos
para queimalos nalgunhas igrexas
ou devocións/institucións
de todos os países incluso no meu.

 

OCASO

ai como me doe o cinturón do ocaso
que medo me dá o vaivén
deste tren de vida que pasa e pasa
por estacións nas que ás veces para
e logo me tremen as pernas
pero nunca dou chorado de verdade
só son capaz de botarme baixo a cama
ou laiándome cara a miña irmá
non soporto por veces os treces do calendario
logo xa vou levando os catorces e quinces
a non ser que teña algún esguince.

 

AGORA

agora estou aquí e penso
que os golpes que oio
xa non son propios
senón que están dando
moi forte moi forte
quizais deberíamos devolver
ou trousar polo menos
todas estas infamias e telexornais
infumables, intragables
estou aquí e penso: merda!

 

NON QUERO ROUBAR

non quero roubar
coma ti
só quero andar
lonxe de ti
e voar co vendaval
ata desfacerme no mar
e desfacer o mal de cabeza.

 

IMAXINACIÓN

rápido corro coa miña imaxinación
e flúen fluídos
e corren os narcocorridos
e os narcóticos son aprensivos
de derrotas e pelotas.

 

CANDO ERA NENO

articulos-027cando era neno pensaba
que a primavera era a miña curmá
e dixéronme que ía vir
agora sempre que vén estou
“a tu vera, siempre a la verita tuya…”

 

ESCURIDADE

alí na escuridade palpando as partículas
e vendo resprandores aprendín a bailar
no espazo sideral da alucinación
e a voar na antártida e no
círculo polar ártico da nada.

 

GOLPE A GOLPE

golpe a golpe conto a conto
fun espabilando ata a seguinte morte
da que resucitaba
entre garaxe e garaxe
hai paxes, traxes e vagaxes.

 

UNLLAS

unllas pintadas de cores resprandecentes
guitarras rosas e baterías con brillantina
un grupo de bonecas literalmente
tomadas en sesións fotográficas
simulan

 

SEXO

noites en vela unha vela na noite
unha vela vermella anarcosindicalismo
e comunismo, cousa de borrachos?
straight edge non é cascar ovos
así me movía eu polos escenarios
dun lado ao outro como vampiro
ou bolboreta en lata que non da eta
temo ser agora malinterpretado
case sempre se pensa en sexo…

 

VELOCIDADE

a velocidade das gacelas
a velocidade dos guepardos
a velocidade da conexión a internet
a velocidade do ave
sal de froitas.

 

VENTO MALVA

vento malva
rosa capullo
europa
un fillo teu
glande prepucio
socios listos
neurastenia
de salón
fondo de armario
fascistas no fondo

 

CASTRACIÓN

aquí estou de novo coa miña castración
unha folla de leituga
monifates
e o de sempre tentado
de non caer deitado ao carón
desa mentira xenuína
innecesaria e sentido o óxido
na caixa de tomates pera
que xa chego.

 

MUNDO

perdínme e atopéime
agora procuro non perderme
nunha toupeira
mundo!

 

ESPANTO ABECEDARIO

teño as mans amoradas
con pelos e escamas
cumpro anos cada ano
coma todos e todas
e sáciome cando bebo
ás veces teño apetito
e camiño cun pé diante doutro
digo máis
camiño
deliro e ás veces pinto
o indio e o vaqueiro
leite bebo pero desnatada
senfín nin serafín
anxo da garda non teño
e agardo sentado
polo espanto abecedario.

 

MÚSICA

música introducida en caixiñas
de puros habanos
con arrecendo a marihuana
salta salpicando notas
aos ollos impacientes por
bailar ao son da deusa fortuna.

 

CAMIÑO

camiño pola estación de buses
esquecida estación
con destartalados vehículos longos
onde están señoras con
gaiolas, caixas, bolsas
e entremeses
entre ti e máis eu
hai unha ralla verde
autopista de neón
luz negra
límite e fandango
penso ao carón da bancada
que na máquina expendedora
de refrescos tamén hai auga
trago o cuspe, tremo
sorrío e respiro.

 

AS ESTRELAS

as estrelas pintadas
sobre a cartulina negra
son mentira e verdade á vez
a ela gústalle o viño branco
e as chulas de bacallau
e sorríe e ríe inconmensurable
ata abrir todas as ventás
entra o ar e limpa
a area dos meus dedos
que estaba pegada no meu suor
cheo de virus estupefactos.

“te visitará la muerte” obus
“galicia no país das marabillas” milladoiro

(23/05/14)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Expoplanetarium.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.