O FIN DOS DÍAS (UNHA PELÍCULA VELADA) Alí Ben Teu Pai

Dende A Morteira vén o vento caloroso do verán promulgando as rutinas dos días silandeiros ou non tanto. Alí Ben Teu Pai obséquianos cunhas sabias palabras simples como todo ou nada...

Co fin do día unha película velada, as veces rápida, as veces lenta, pasa ante os ollos pechados do durmevela.

Nela todo se difumina, nada ten demasiada importancia e o máis interesante é que son aqueles detalliños non percibidos conscientemente no axetreo diario do traballo e as tarefas ás que nítidamente volven ó cerebro como se realmente estas foran o esencial pra o aprendizaxe e o desenrolo.

Unha mirada de esguello non percibida naquel intre; as gotas de suor pingando polo naris ata o zapato e dende ali nun regueiro de po deica o chan; as derradeiras palabras dunha conversa que xa facia rato que deixaras de atender e agora volven ; o rato que botaches seguindo os movementos nervosos e precisos da lagartixa no que se che esqueceu a dor nas costas.

Temo que a vida non ten importancia ata que estas a piques de a perder.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Expoplanetarium.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.