OS OBXECTOS POSUENME.
EU PERTENEZCOLLES, ALOMENOS POLO DE AGORA,
NESTA ETAPA DA SÚA EXTENSA EXISTENCIA
SE QUEDO MOI EN SILENCIO
PODO OUVIRLLES ZOAR NO SEU CRÍPTICO LINGOAXE
DE METAL, VIDRO E MADEIRA.
É UN RENXIDO I É UN CHIRRIDO QUE NON DESCIFRO.
DUBIDO QUE SE DIRIXAN A MÍN.
TAMEN SE ME PERDE O SIGNIFICADO
DAS VERBAS DAS PERSOAS.
POR VECES TODO É ESTRUMBIO E OUVEOS.
TIÑA QUE ESTAR FELIZ POR PRESENCIAR UNHA FOLGA XERAL INDEFINIDA
DE PRODUCCION E CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO ,
COAS POLICIAS E OS SOLDADOS FACENDO PIQUETES.
MAIS AFONDO NUNHA DESAZON AMARGA
CUN SABOR NA GORXA TAL SE ENGULIRA TERRA.
O MORRER O DÍA VEXO REVOLOTEAR
COMO NUBES DE ESTRONIÑOS
AQUILES QUE PAGARON COA SÚA VIDA
A TOLEMIA DE TODA UNHA ESPECIE.
TODO É, MALDITA SEXA, EVOLUCIÓN, UN CÍRCULO E UN RONSEL.
Ourense, 25 marzal 2020