Ultragráfico xa está aquí ao fin!
Sei que isto que vas ollar non é exactamente un todo mais tampouco é a nada…
Este totus revolutum pretendía, ao millor de maneira megalómana ter sido unha revista/libro en papel pero non foi posible. Superior a nós!
Neste monográfico (entre aspas) O Tema colaboran moitas persoas que son afíns a nós e nós a eles e elas. Témoslle que dar e moito as gracias por ter partillado e participado neste proxecto.
Ultragráfico é un blog desde hai moitos anos e quixo transformarse, dalgunha maneira conqueriuno…
Nesta revista poderás, desde un sentido crítico, atopar todo tipo de disciplinas tanto artísticas (foto, colaxe, pintura, banda deseñada, ilustración, poesía, conto…) Así como reflexións e textos políticos con opinións diversas que non se axustan moito ao bombardeo incesante ao que estamos sometidxs!
Somos de Ourense. A derradeira cidade do mundo 😉 Onde a cultura tanto oficialista como digamos alternativa non existe ou non deixan que exista, nestes intres nos que vivimos, e supoño que pretenderán que así sexa no futuro. Aqu, neste exemplar dixital hai moita xente destes lares, moita que mostra e demostra o que se fai e as ganas de facer que hai.
Esta é unha humilde mostra de que se poden facer cousas. Entre a xente e para a xente. Aínda que polo momento de maneira virtual…
ULTRAGRÁFICO. Edita saurobuks.com