Arquivos da etiqueta: Ad Hoc

NUNCA MAN Claudio Rodríguez Fer

Fragmentos do meu poema ecoloxista “Nunca Man”, de A loita continúa, é improvisado e musicado no último disco a través da lectura-interpretación dos textos poéticos por Ad Hoc . A voz inicial da gravación adxunta é a do propio artista nudista de Land Art coñecido como Man, o alemán de Camelle, quen faleceu cando a marea negra destruíu o seu museo natural.

NUNCA MAN

A Manfred Gnadinger,
o alemán de Camelle,
morto durante a marea negra
que asolou Galicia en 2003.

 

Nunca Man, o alemán de Camelle,

sempre o puro ecoloxista sen familia e sen roupa,
sen arrimo e con algas, sen compaña e con algas,
sen destino e con algas, sen orixe e con algas,
sen amor e con algas, sen máis recoñecemento
que o do misterio do ceo sobre a arte da terra…

A marea humana limpará o museo
para sempre dos que o emporcaron,
para sempre dos que murmuraron,
para sempre dos que se burlaron,
para sempre dos que o humillaron,
para sempre dos que o golpearon,
para sempre dos que o mataron…

Nunca Man, o alemán de Camelle,
o Tolo da Vida na Costa da Morte,
sempre a súa Vida inoportuna,
nunca a súa oportuna Morte.

CAMINHO LONGO FINAL / PRESAUSENCIA Ad Hoc


Caminho Longo Final. Vídeo sobre improvisación musical a cargo do grupo de acción poética Ad Hoc (Pedro Lamas, Ramón Cruces, Antonio Rivas, Roque Mosquera e Lois G. Magariños) e texto de Neira Vilas realizada na Filloaldea de O Tremo, Brión, Febreiro de 2010.


Presausencia. Vídeo-improvisación realizada en Caldas de Reis coa colaboración do bailador Xosé Candal e improvisación musical a cargo de Ad Hoc para o filocafé Presencias, Esencias, Ausencias celebrado en Rois no ano 2006.