Arquivos da etiqueta: Lois Gil Magariños

CAMINHO LONGO FINAL / PRESAUSENCIA Ad Hoc


Caminho Longo Final. Vídeo sobre improvisación musical a cargo do grupo de acción poética Ad Hoc (Pedro Lamas, Ramón Cruces, Antonio Rivas, Roque Mosquera e Lois G. Magariños) e texto de Neira Vilas realizada na Filloaldea de O Tremo, Brión, Febreiro de 2010.


Presausencia. Vídeo-improvisación realizada en Caldas de Reis coa colaboración do bailador Xosé Candal e improvisación musical a cargo de Ad Hoc para o filocafé Presencias, Esencias, Ausencias celebrado en Rois no ano 2006.

CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA

Primeira colaboración para ULTRAGRÁFICO 2.0 por parte de COSEGA (Corporación Semiótica Galega) http://cosega.org
Tres montaxes visuais para inaugurar esta nova andaina.
Animamos a todo o mundo a que participe e colabore enviando textos, imaxes, vídeos etc
Saúde!
CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA, nome corporativo, pseudónimo, condensador de identidades, fragmentos dun mesmo, empresa... Calquer nome podería server para apelar a ese pulo íntimo creativo que nada ten que ver con categorías hoxe trasnoitadas: currículo, AUTOR, individuo, xerarquía, selección... todos obstáculos para o intercambio creativo entre iguais.
 O nome CO.SE.GA. é unha empresa colectindividual, reflexo especular prismático do que somos en tanto que falamos sobre o xa dito, o xa creado, da nosa natureza referencial en constante interacción co xa feito o con procesos paralelos. Vén á mente a idea da razón común, do subconsciente colectivo: o individuo creativo fóra de si, trascendéndose dun xeito orixinariamente irracional en conversa silenciosa, agochada, cos demais. Pouco importa o nome, podemos chegar a xustificar calquera que elixamos e utilizar para cada caso un variado abano de posibilidades ou argumentos explicativos: a explicación psicolóxica (o medo do autor a darse a coñecer, a negación da identidade definida como manifestación patolóxica), a sociolóxica e a política (desmitificación, ironía crítico-social, aposta antieconomicista, axitación política de pasquín...). Que sei eu.

VIRXE

VIRXE. COSEGA

PAPANODEF

PAPANODEF. COSEGA

PUTICLUB

PUTICLUB. COSEGA