Arquivos da etiqueta: minux

BAMBÁNS minux

Precintaron os bambáns
realmente facía falla?
os nenos e as nenas
na casa
con dor de cabeza
non vexo que se fale moito delxs
estarán xogando
coma case todos nós
xogando para non ter dor de cabeza
comería céspede
arrincaría pétalas
tiraríame polo barranco
ata mergullarme en pozas de melón
con pebidas
que sementar no mar.
Que falta de horizonte
onde vivo nunca houbo moito
mais sabías que detrás do cerco cotián
había saída se querías
fumo un pito na fiestra
e logo outro e logo outro máis
máis dun paquete ao día
mais cando ollo para as vistas
non digo mentira
que case sempre vexo policía
local, nacional, autonómica, veciñal
e ademais de protección civil
limpeza que limpa e limpa
día e noite polos mesmos sitios
polos que non pasa case ninguén.
Algúns cans con persoas
xuventude con macutos
xente peculiar
e vés xente nas fiestras
algunha obsesivamente
camiñando por pequenas terrazas
no interior de casa
óense coma nunca cisternas e auga
mexadas ás catro da mañá
e renxe esa porta de arriba
cando saen do seu andar confinado
as e os veciñxs por habitacións.
Fumo pouco dentro
mais cando o fago nótase un montón
ata mesmo mareo
e iso que ventilamos bastante.
Unha das nosas gatas coxea
por veces, outras non
mirámoslle a pata e
non lle atopamos nada.
A outra espértame mordendo
cando teño pesadelos
e a miña compañeira
tenta facer alquimia
en todos os currunchos
en todas as habitacións
en todos os soños
en todas as luces e as sombras.
Púxenme en contacto con xente
que sabe de todo que sabe de nada
pero a millor inspiración que atopei
foi que a resposta a todo isto
quizais está en todas as preguntas
que nos facemos.
Dóeme a cabeza a min tamén
durmín despois de almorzar
soñei esperto
vivín isto nos meus delirios do pasado
eu inventei algo semellante
que penso remataba ben.
As persianas están baixadas
prefiro que as suba ela
é domingo primavera
hai dengue, hai guerra
hai fronteiras, hai mortos
hai un misterio e un enigma
hai unha interconexión brutal
que non nos deixa respirar
cago no fogar de breogán!
Só queremos respirar
e conxugar as nosas emocións
en panos sucios intercambiables
de mocos de pavos irreais.

ERRODIARIO minux

Erro, lapsus, fallo, falla… fenda
escapada, fuga, alborada.
Dixéronnos que os galos cantaban
polas mañás, dixéronnos non sei que do medo
mais os galos cantan a todas horas
igual que os cans que cantan ás veces
con medo… os páxaros ladran tamén
ladran os páxaros engaiolados nesa tenda
baixo a alameda.
Un día lancei a dous páxaros coa súa
gaiola encomendada ao chan dunha terraza
e ou ben voaron ou ben morreron.
Non soportaba que estiveran pechados e
despois o que estivo dentro da gaiola
fun eu pero iso xa pasou e agora como
pinchos de tortilla e bebo cervexa sen alcohol.
Liña de fuga que non se disolva no nariz
eu de neno saboreaba peta zetas.
Montaña, alborada, río, sementes
auga pura, auga envelenada.
Plásticos na lama, papeis na beirarrúa
camiño oscilando na mente.
Ti acompáñasme na viaxe celeste
ás veces non…
melancolía do tabaco entumecido
sospirando amianto
hiperactividade, hiperventilación… pasos.
Auga regadeira pasa pola miña alma
pechado no círculo que ten currunchos con espiños
a culpa das laranxas debe ser maior
que a fibra
eu visito poucos lugares
pola gorxa morre o rei… ás veces as autopistas
do internet van cada vez a máis velocidade
non leo tan rápido a Deleuze. En Bueu
leo máis. Mar calmo, que chova quinindiola
ás veces son autista e penso como na
praia da Lanzada hai morea de xente
camiñando dun extremo a outro da praia
procurando morenos e morenas? Despois
hai rapaces que pescan polbos e tamén
hai polbos na toalla.
Os políticos non tiran a toalla porque
non hai quen lles rompa o nariz. O rapaz
que se atreveu a darlle unha hostia ao Rajoy
mandárono para un centro de menores, aquí
en Ourense e iso que era familiar. Familias
hai moitas. Todos iguais, todos diferentes dí
o lema mais a lama de todos parte dos
mesmos lodos ou era dos mesmos polbos?
Inquisición, parisién, fútbol, catequese.
O colexio máis horripilante do mundo.
O meu avó estivo tres anos no cárcere nesa
época infame que aínda non se vomitou ata
quedar medianamente ben. Herdanzas, rodas,
xílgaros.
Moito trauma. Agora mesmo estou estirándome
e estrálanme todas as vértebras do corpo.
Eu teño vértebras ata na pixa.
A rúa onde vivimos lémbrame á canción
de Silvio Rodríguez, esa que dí: “Viva el
harapo, señor y la mesa sin mantel. Viva
y que huela a callejuela, a palabrota y
taller.
Nesta rúa e neste barrio hai xente de todas
as cores e ata se falan distintos idiomas
pero non me chega, gustaríame que fora moito,
moito máis. Que compensaran polo menos á
toda a xente maior autótona que vexo por todos os lados.
Aínda que agora que o penso eu tamén debo ser maior.
Algas o pelo do pé
craváchesme as tenazas
no buraco da uña
pero foi sen querer
durmiches coas gatas
e un menda tamén
choveu toda a noite
nevou en Maceda
nevou en Compostela
e estamos na primavera
andas na lama
eu en distintas prisións
entrullado de raíces
entrullado de ósos
cos músculos aletargados
co miolo amorado
a pel fría e dopada
non penetra nela ren
mais dela non sae tampouco nada
só mancho os dedos
ás veces de pintura
ás veces de verniz
imos expoñer
vóume expoñer con medo
a gorxa rota
polos xeados
río pequeno
no que collen benxamíns
cágados, algas
visóns, caranguexos americanos
quizais lontras
vimos unha o ano pasado
patos a mansalva
merlas, paporroibos
lavandeiras brancas e amarelas
e ata o martiño pescador
co seu brillo azul
vimos voar
garzas, corvos mariños
gaivotas que non son do pp
río pequeno
cheo de latas, plástico,
papeis, verquidos de todo tipo.
Pneumáticos, bidóns,
valados, ladrillos,
ferranchadas de todo tipo
río que andas na cidade
e non te podes alonxar dela
soportas o insoportable
pero das vida plena
eu mírote con mirada extraviada
con ollo birollo e sorrío.
Motor ruído de fondo
banda sonora da rúa
permanezo quedo
asténico
mais cos dedos pegoñentos
non de seme nin de semente
senón de pintura
sintética pintura que dana
a lingua-bolboreta
pintura negra de loito
lingua de loito
loito nas veas e nas carreteiras
e nas rochas do mar
o mar que está máis alá.
Hoxe unha lavandeira
colleu co seu pico pole das árbores
para un niño
e naceron patiños
facían carreiras polo río
e a barba vaime minguando
como a lúa que medra
e a lingua que pica
pica alabastros
mancho o diario e a caneta vermella
pinto cadros vila morena
e semella que chove acobardado
todo o diario está subxectivado
e envasado no pasado que verte
con substancias e é teu o meu embigo de visón
algas na mesa
a modo de mostrario
devecen por ser penduradas no fume
o fume de primavera de toxos
carreiras nas medias de calzedonia
non verás
carreiras no medio da calzada de motos
si
e a auga da baixada non é auga da traída
a auga ten cloro e sulfitos e sulfatos
eu teño co psiquiatra o sete
xa van tres veces que me cambian a data
quérolle pedir un favor
quero menos xalea real
paso de monarquías
eu quero ser zángana
sen garavata nin camisola de forza
procuraba fotos de revistas
que foran gráficas e porno
ou sexa pornográficas
só para recortar en saudade
nin en pelos púbicos
si quero escoitar esa auga
que cae chovendo contra o asfalto
diseminando burbullas polos sumidoiros.
Aquel día o cosmos
pegou no río
e caeron estreliñas
coa súa luz
na superficie da auga
escura
as lápidas ás veces brillan
e a vida nas rás das charcas
tamén
vin un cágado nunha tomba
en San Pedro de rochas
estaba quedo mais a súa cabeza
ía moi rápido
alí se reflexaban ás árbores
autótonas que se ancoraron no outono
o chan cheo de follas secas
as pedras na auga
e aquí e agora segue a chover
debe haber fútbol ou houbo fútbol
ou haberá fútbol
e sigo manchando o diario
diario de ex-fumador que voltou fumar
diario de ex-okupa… voltará okupar?
diario de ex-pontino… ?
akelarre para os teus ollos
de apátrida invencible.
Calquera sae á rúa!
non trouxen chuvasqueiro
e a pelo non o quero
polas mans cheas de pintura
de pintura negra de loito
de loito senil
abafante adoito mergullarme
en obsesións tipo redes sociais
por que os asociais teñen facebook?
ou temos, xa non sei
resulta contraditorio
ao final resulta que odiamos tanto
e aí andamos procurando aloumiños
sigo manchando o diario
diario de século vinteún
entre os ríos dunha cidade de provincias
que non son as vascongadas…
unha vez fomos a esas provincias
e vimos realmente a moita garda civil
parando carros e furgonetas
por se aparecía alguén da eta
ou por tocar as bolas sería tamén.
Ían cargados ata os dentes
daba algo de medo, a verdade
polo demais ben, moi curriño todo
e segue a chover e xa non sei que hora é?
pica a lingua e non comín peta zetas.
Os vídeos que gravo
son tremendos polo que tremo
entran nos meus ollos
os desexos de ollar
baleiros e enchidos
vermellos e verdes
fauna e flora
e ata o cemento e a xente
expóñome a taquicardias
e ataques ao corazón
por toda a ilusión que
me provoca a vida
que sempre está acompañada
da morte
porque a vida doe, pica,
ás veces espanta e ata delira
entón dase a volta á moeda
e cáeche enriba
someténdote con medo
parálise física e mental
tes que facer moita forza
para alonxar ese peso
e cando o consegues
xa non tes présa por vivir
xa camiñas arrastrado
ollando cara os lados
mirando sempre ao carón
non vaia ser que apareza
a morte outra vez
e non queres vivir
tampouco morrer
queres adecuarte a un molde
quizais non moverte demasiado
para que non che caia un raio
e así van pasando días, semanas,
e algún que outro mes, si
para de novo comezar a vivir
e vives, minguas, estiras, berras, ris
unha boa tempada
aínda non aprendiches
técnicas zen para florecer
acadar a paz e o pracer
de seguir ben mes a mes
és un pobre aprendiz
ignorante da sabiduría inxente
e necesaria para subir á montaña
ou mergullar no mar sen afogar
que lle imos facer, imos parar
non nos imos laiar porque
deseguida tildaránnos de algo, verás.

MAIS Minux

Este é un poemario, por chamarlle dalgunha maneira, que inaugura unha nova etapa do blog que estaba morto, ULTRAGRÁFICO. É unha reconversión industrial que lle dará como todas unha nova morte non se sabe se doce ou salgada.
Inaugura MAIS  esta nova etapa de- construción/in/out/reconstrución... Ao pior quédase así estancado como quedou dende hai case anos con estes poemiñas ou ao millor hai xente que se anima a participar ou algo e asín expoplanetarium.net abrirá este oco para que outras mentes e desmentes podan aportar ou deportar os seus grans de pólvora e flores secas. Facemos chamamento para que enviedes o que vós prace (textos, imaxes, vídeos, insultos ou o que miredes) a planetarium@expoplanetarium.net
Xa sabemos que todo isto está moi pasado de moda pero como dicía Manuel Fraga pois pasando de modas... Este blog queda a vosa disposición. Iso si temos un poderoso filtro de amor que decidirá quen si ou quen non se visibiliza neste glorioso e histórico espazo que no seu día foi lugar para vídeos desternillantes do tuvo.
E falando de MAIS este primeiro artefacto en ULTRAGRÁFICO de minux contar que foi escrito no tempo que durou a reproducción dunha cinta de cassette con título de "ZINTA DE TEMPOS DE CRISE" de noventa minutos de variedade musical gravada máis de dez anos atrás en intres realmente alterados de conciencia. Serviu así de inspiración para escribir esta pequena obra, entre outros: ELECTROHIPPIES, RATOS DE PORAO, LOS ENEMIGOS, KOJÓN PRIETO Y LOS HUAJALOTES, SONIC YOUTH, THE SONICS, MILLADOIRO, CICATRIZ, SUBTERRANEAN KIDS, ANTÓN REIXA, OBUS, etc etc
Saúde!

VERDE

verde cor da herba
árbores milenarias estenden súas raíces
na terra
miñocas arelan o deserto
sen auga
con sede e cloro.

 

BRASIL

brasil mundial
fútbol global
guerra eterna nas favelas do corazón
represión e morte
turismo – nádegas
mocos e bile
acaparando os sumidoiros
piollo no pelo
pinchar todos os balóns
coiro de merda!

 

PANACEA

panacea
pan de cea
pop
flocos no cine
rañarse as vestiduras
sen xeito
derrochar
estoupidos sen par
nacer nun sitio
defender a rúa
con versos e mamuts.

 

WARHOL IS DEAD

sabedoría popular
warhol is dead
sopas de sobres negros
así artísticos
xa desbotei a cinza
e mergúllome
nas bágoas de risa
procurando osíxeno
para a miña cachola
chea de ruídos de litio.

 

INMEDIATO

inmediato
xa

 

PARABÓLICAS

parabólicas tapan as nubes
e atrapan raios de amor
treboadas con e sen vento
armonizan as orellas
acusadas de alterar
as vibracións acuciantes
de agardar polas confusións
de misturas de augardentes
e chuchameles insertadas
nas flores molladas
en blocos de azucre
ecolóxico o alento
do teu dinosaurio desexo
infectado de delirios.

 

BAILAR

bailar cos ollos pechados
arrecendendo á música
que amplifica os oídos
os pés ondulando as baldosas
que xa están ralladas
das risas dos nosos dentes.

 

ADEMÁIS

ademáis dun atracón
de magdalenas ausentes
e de bágoas petrificadas
bailando ao son da música
tamén soño moitas veces
aínda que sexa mentira
cun atracón naquela caixa
ou neses bancos non de peixes
cargados de cartos
para queimalos nalgunhas igrexas
ou devocións/institucións
de todos os países incluso no meu.

 

OCASO

ai como me doe o cinturón do ocaso
que medo me dá o vaivén
deste tren de vida que pasa e pasa
por estacións nas que ás veces para
e logo me tremen as pernas
pero nunca dou chorado de verdade
só son capaz de botarme baixo a cama
ou laiándome cara a miña irmá
non soporto por veces os treces do calendario
logo xa vou levando os catorces e quinces
a non ser que teña algún esguince.

 

AGORA

agora estou aquí e penso
que os golpes que oio
xa non son propios
senón que están dando
moi forte moi forte
quizais deberíamos devolver
ou trousar polo menos
todas estas infamias e telexornais
infumables, intragables
estou aquí e penso: merda!

 

NON QUERO ROUBAR

non quero roubar
coma ti
só quero andar
lonxe de ti
e voar co vendaval
ata desfacerme no mar
e desfacer o mal de cabeza.

 

IMAXINACIÓN

rápido corro coa miña imaxinación
e flúen fluídos
e corren os narcocorridos
e os narcóticos son aprensivos
de derrotas e pelotas.

 

CANDO ERA NENO

articulos-027cando era neno pensaba
que a primavera era a miña curmá
e dixéronme que ía vir
agora sempre que vén estou
“a tu vera, siempre a la verita tuya…”

 

ESCURIDADE

alí na escuridade palpando as partículas
e vendo resprandores aprendín a bailar
no espazo sideral da alucinación
e a voar na antártida e no
círculo polar ártico da nada.

 

GOLPE A GOLPE

golpe a golpe conto a conto
fun espabilando ata a seguinte morte
da que resucitaba
entre garaxe e garaxe
hai paxes, traxes e vagaxes.

 

UNLLAS

unllas pintadas de cores resprandecentes
guitarras rosas e baterías con brillantina
un grupo de bonecas literalmente
tomadas en sesións fotográficas
simulan

 

SEXO

noites en vela unha vela na noite
unha vela vermella anarcosindicalismo
e comunismo, cousa de borrachos?
straight edge non é cascar ovos
así me movía eu polos escenarios
dun lado ao outro como vampiro
ou bolboreta en lata que non da eta
temo ser agora malinterpretado
case sempre se pensa en sexo…

 

VELOCIDADE

a velocidade das gacelas
a velocidade dos guepardos
a velocidade da conexión a internet
a velocidade do ave
sal de froitas.

 

VENTO MALVA

vento malva
rosa capullo
europa
un fillo teu
glande prepucio
socios listos
neurastenia
de salón
fondo de armario
fascistas no fondo

 

CASTRACIÓN

aquí estou de novo coa miña castración
unha folla de leituga
monifates
e o de sempre tentado
de non caer deitado ao carón
desa mentira xenuína
innecesaria e sentido o óxido
na caixa de tomates pera
que xa chego.

 

MUNDO

perdínme e atopéime
agora procuro non perderme
nunha toupeira
mundo!

 

ESPANTO ABECEDARIO

teño as mans amoradas
con pelos e escamas
cumpro anos cada ano
coma todos e todas
e sáciome cando bebo
ás veces teño apetito
e camiño cun pé diante doutro
digo máis
camiño
deliro e ás veces pinto
o indio e o vaqueiro
leite bebo pero desnatada
senfín nin serafín
anxo da garda non teño
e agardo sentado
polo espanto abecedario.

 

MÚSICA

música introducida en caixiñas
de puros habanos
con arrecendo a marihuana
salta salpicando notas
aos ollos impacientes por
bailar ao son da deusa fortuna.

 

CAMIÑO

camiño pola estación de buses
esquecida estación
con destartalados vehículos longos
onde están señoras con
gaiolas, caixas, bolsas
e entremeses
entre ti e máis eu
hai unha ralla verde
autopista de neón
luz negra
límite e fandango
penso ao carón da bancada
que na máquina expendedora
de refrescos tamén hai auga
trago o cuspe, tremo
sorrío e respiro.

 

AS ESTRELAS

as estrelas pintadas
sobre a cartulina negra
son mentira e verdade á vez
a ela gústalle o viño branco
e as chulas de bacallau
e sorríe e ríe inconmensurable
ata abrir todas as ventás
entra o ar e limpa
a area dos meus dedos
que estaba pegada no meu suor
cheo de virus estupefactos.

“te visitará la muerte” obus
“galicia no país das marabillas” milladoiro

(23/05/14)