NÉBOA Vento Morteira

Ainda non se esvaecera a néboa que orbitaba en torno dos farois da cidade e tamén, a que eu tiña ancorada nas cuncas dos ollos, cando me abordou unha rapaza voluntariosa e falandeira pra seren as primeiras horas da mañá; viña facendo enquisas encol da situación económica, social e política do país.

Sen ganas de entrar a traballar, convideina a un café namentras enchía os cuadriños da enquisa coas miñas respostas moderadas, hipócritas por educación ou solidariedade cun traballador. Como reflectir o rexeitamento na súa totalidade as bases do sistema naquelas ringleiras, cadriños, óvalos e parénteses que compuñan aquel documento; “la espuma, la fétida espuma, pone a borbotones, sobre la superficie, todas las impurezas de una sociedad moribunda”, decía Ricardo Mella fai un século e a mín, naquela hora, me retumbaba nos miolos.

Tería que lle decir que me importaba unha merda Podemos, Mas, o bipartidismo, a cuestión territorial a percepción económica dos españois, as medidas parlamentarias anticorrupción e todo o demáis; que só anhelaba ver saltar as institucions polos aires e a tódolos persoaxes sudando no rego, de maña a noite, pra poder xantar. E por fin chegar a ver as persoas libres, a terra coidade e os animais respetados. Mais, que agardar nestes intres, tralo triunfo e a consumación dun golpe de estado a ralentí a nivel global, nas que unhas mil xuntas de accionistas, un centenar de axencias estatais de información i espionaxe apoiadas por exercitos e a coa tecnoloxia ao seu servicio declararón a suspensión dos dereitos universales do home aprobados pola ONU.

Deixoume o odio e a raiba, como escapan as forzas ao ir vello e, ainda sen rancor nen animadversión, durmo maxinando un mundo superado polas catástrofes naturais, coas ciudades costerias inundadas polo mar, polo estoupido de un ou varios volcans, o desprazamento das placas continentais, o impacto dun obxeto do firmamento ou a extension dunha epidemia. Estou enfermo? Donde está a empatía? Donde foi a solidariedade?. Mais non debo ser o único, i é así, que me explico o éxito de series, filmes e documentais sobre istes temas apocalípticos, zombies e distopias varias: unha de dúas; o é unha manobra de distracción que anule a voluntad dunha maioría que se erga en rebelión ou é a constatación de que na consciencia colectiva aniña a convicción de que esta civilización esta chegando ao seu fin ainda que sexa por motivos externos, e que, sobre as cinzas, outra forma de vivir é posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.