O libriño/"panfleto" Nacionalismo e Anarquismo foi editado polo colectivo Treboada no ano 1992. Ano significativo por todos os fastos como a exposición de Sevilla, as olimpiadas de Barcelona ou a celebración do Vº centenario do xenocidio de América. Foron anos de bastante actividade a nivel contestatario e se debatía de moitas ideas e prácticas que concernían a diferentes ámbitos políticos e como non ao ámbito libertario. O tema do nacionalismo suscitou e suscita moitas controversias a nivel xeral e se o focalizamos nos parámetros do eido libertario pois o tema chega acalorar de grande maneira. Treboada que se adicou despois máis a edición de música punk e hardcore, na súa maioría galega de maneira alternativa, xuntou neste libriño a autores e colectivos libertarios de moito peso que dan a súa opinión de distintas facetas asociadas á temática, rompendo quizais, isto o dicimos ilusamente, os mitos do anarquismo máis ríxido con respecto ao tema.
3 comentarios en “NACIONALISMO E ANARQUISMOVVAA”
Dicimos patria porque non podemos dicir estado.
Nun estado falan de patria cando van comezar a matar.
patria: patrón, patriarca, patriarcado, patrimonio, patronal… ao lixo.

Coa xente desprazada, desgarrada, desorientada, fuxida que cruza fronteiras, coa extranxeiridade estou, coincido. Non temos en común ningunha patria, senón a humanidade.
Eu persoalmente entendo o nacionalismo e o independentismo, e máis aínda no eido libertario, como “ideoloxía” que propón a liberación nacional. Penso que o mundo libertario e o anarquismo non poden obviar a liberación nacional, dado que é unha opresión máis dentro da sociedade na que vivimos. Se defendemos a búsqueda da liberdade hemos de ter moi presente a liberación dunha nación oprimida (e máis na Galiza, a cal podemos tildar de colonizada). Non con isto defendo as correntes estatistas que buscan a independencia a través da creación dun estado galego, sexa este socialista, feixista ou socialdemócrata. O estado é a ferramenta que os patriotas utilizan para militarizar a unha nación e para exaltar os valores lingüístico-culturáis de maneira chovinista. Aí temos o exemplo do estado español que oprime ás nacións baixo a súa administración territorial.